menu Menu
¿PERO INTERESAN TANTO OS TOUROS EN GALICIA?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 5, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿POR QUE NON FUN A HAMBURGO HAI 50 ANOS? Anterior ¿PENSAN OS GALEGOS QUE A LINGUA É IMPORTANTE? Seguinte

Hai cousas que son complexas de entender. Por exemplo que un xornal como o Faro de Vigo dedique hoxe toda a contraportada (como sabedes, un dos espazos máis importantes do periódico) ao asunto dos touros e dos toureiros. Por unha banda, titulan La resurrección de Julio Aparicio, case que toda a páxina, coa foto morbosa do touro atravesándolle a boca o outro día, para este toureiro porque saíu do hospital. E o resto do espazo vai para contarnos que José Tomás no toreará más esta temporada.

Isto que fai hoxe o xornal vigués vale para o resto dos xornais galegos que con moitísima frecuencia, dedican espazo e espazo ao  asunto dos touros. A pregunta, xa que logo, é obvia: se un medio de comunicación ten a obriga, dalgunha maneira, de responder aos intereses dos seus usuarios (lectores, oínteS, televidentes, internautas, o que sexa), ¿realmente en Galicia hai unha afición tan importante polos touros como para merecer tantísima cobertura mediática?

¿Imaxinades todo o que podería supoñer -para ben- que dedicaran todo ese espazo anual a falar de libros en galego, por dicir calquera cousa?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar