menu Menu
¿PERO POR QUE ESCRIBIREI EU NOVELAS?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 6, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
DÍA DA DIVERSIÓN NO TRABALLO Anterior NON SER RESENTIDOS Seguinte

Estes días, na editorial, temos unha nova novela miña en pre-produción. A ilusión é moi grande. En semanas estará nas librerías. Xa falaremos.

Porque, do que quero de verdade falar, é sobre unha pregunta que me leva comendo o siso dende hai un par de días, e non é outra que a sempiterna por que escribirei eu novelas, coa de escritores boísimos que hai por aí.

Digo isto porque, nos últimos días, en todas as teles está Cristian Gálvez falando do seu novo libro, Xavier Sardá do seu, e Fran El Sevilla outro tanto. Dito doutro xeito, ¿como hei competir eu contra tanto talento? Porque vendo a de páxinas que, por exemplo, os medios escritos do meu país lles dedican ás súas obras literarias, xa me queda clarísimo que eles son uns fenómenos, e eu, un pobriño escritor de noveliñas galeguiñas pequeniñas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar