Hoxe en El País publican unha entrevista co presidente de Extremadura, Guillermo Fernández Vara. Un ponse a lela e, máis ou menos, tira a idea de que estamos diante dun político, cando menos, dialogante, con gañas de consensuar e todo iso. Vale. Todo moi bonito e moi de celebrar. Probablemente é unha persoa amiga de evitar os conflitos e de chegar a acordos con todos. De verdade que me alegro, e vai sen segundas, de que existan políticos así.
Sen embargo, contra o final da entrevista, deixa saír, como tantísimos políticos vulgares, todos os seus prexuízos ao facer unha comparación absurda.
O xornalista – tamén, manda truco – dille que en Extremadura hai un ordenador por cada dous alumnos e que en Cataluña non. Imos dar como postivo que iso sexa así, mais, o que interesa, é a resposta, cando di que eles gastan en ordenadores para os colexios e en sanidade, ao mesmo tempo que dá a entender que en Cataluña gástase en asuntos lingüísticos. Como falacia é de libro: en Cataluña non hai cartos para a sanidade e educación públicas porque o leva todo o catalán. Claro, e seguro que en Galicia tamén.
Incluso os políticos en teoría intelixentes, de cando en vez, desbarran desa maneira.
( E, xa que estamos, investir na lingua propia tamén é facer algo bo pola educación dos cativos e das cativas ).
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.