menu Menú
PESADOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 12, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
TE HAI QUE SABER IDIOMAS Anterior OS SÉCULOS ESCUROS AÍNDA SON ESTES Siguiente


Un ano máis toca aturar na televisión, na radio, na prensa ( tamén na galega ) que en Zevilla están de Feria de Abril, y que bonita es mi Triana y olé y olé y que vivan los toros.Un tende a preguntarse por que por exemplo no telexornal da primeira, ou sexa, de La 1 ou como se chame agora, hai que aturar, ¡como noticia! o da Feira de Abril sevillana que, sen desmerecerlle nada do bonita que poida ser ( non teño o gusto ) supoño que será algo de interese exclusivamente andaluz. E veña touros, e veña a insistir en que «la fiesta nacional nos representa a todos».E quen di iso di a festividade de San Isidro, importantísima, sen dúbida, para os madrileños, pero non tanto, supoño, para o resto do estado.Salvando as distancias, dán gañas de preguntarse por que nunca, pero nunca, nunca nunca, se fala no telexornal da primeira, de la 1 ou como se chame agora, que o 17 de Maio é festa en Galicia, que celebramos a existencia ( e superviviencia ) das nosas letras, etc. Ou por que non saen os nosos magostos. Ou os nosos maios. Ou o samaín.
Igual, para darlle máis vida a estas cousas e que lles chegue, eu que sei, por exemplo aos andaluces, tiñamos que traer un par de rocieros y asasinar con zaña e zangre un par de touros.Y olé.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar