menu Menu
PLACER E LECTURA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 20, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS Anterior PALABRA DE PORRO Seguinte


Levo moitos anos mantendo que a lectura, sobre todo, hai que vendela como unha fonte de pracer. Hai quen se rebota con isto, claro, mais, sinceramente, non sei por que debo ler se non me proporciona tal actividade algunha clase de goce. O mesmo penso do feito de escribir. E aí son eu quen se rebota diante desa imaxe do escritor maldito, que sufre en silenzo porque non lle saen as tramas ou non lle concordan os versos. Se non fose o tipo máis feliz do mundo cando escribo, non o faría.
Todo isto a conta da seguinte reflexión de Alberto Manguel nunha recente entrevista:
Recuerdo la tristeza que me produjo leer la última novela de Conrad. Pero, ojo, también creo que debemos tener cierta desconfianza hacia nuestro propio sentido estético. Lo bueno es pensar, esta novelita me dio placer y lo que voy a hacer es buscar otra para extender este placer un poquito más. El placer, en todos los órdenes de la vida, también es una cuestión de aprendizaje. Tenemos que probar distintas cosas.
O que eu digo: o pracer e a lectura, xuntos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar