menu Menu
PLATAFORMA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 14, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
SILENZO ( DEFENSA DAS BIBLIOTECAS ) Anterior GALEGO, MUNDO, VIDA E XENTE Seguinte

Tiña sen ler, aínda, Plataforma, de Michel Houellebcq.
O primeiro que teño que dicir é que non é para tanto. Non no senso literario, que está moi ben (gocei moito do libro, en especial do seu desenlace; o derradeiro capítulo é deses que envexa calquera escritor ), senón desde o punto de vista, digamos, polémico. Porque deste libro eu xa lera de todo, e había ben de tempo que un escritor non xeraba tantas polémicas como Houellebecq. Hai quen o odia. Hai quen o adora.
Eu direi, só, que me gustou este libro.
Lida a obra, que xa que logo vos recomendo, sobra a polémica só teño que dicir que o autor, cando se enfronta ao papel en branco ou á pantalla do ordenador, é libre, pero dunha maneira absoluta, para dicir, opinar, dar a súa visión do mundo e das cousas. Outro tema é que esteamos ou non de acordo coas súas teses.
Pero aí xa non falamos de literatura, senón de moral.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar