menu Menú
POIS POR UNHA VEZ VOU ESTAR DE ACORDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 2, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿PENSAN OS GALEGOS QUE A LINGUA É IMPORTANTE? Anterior ¿UN GRUPO MANIPULADOR? Siguiente

Que non me gustan nada as novelas de Pérez Reverte xa o dixen moitas veces. Sempre engado que debe de ser culpa miña porque se a millóns de lectores e lectoras lles agrada, pois será cousa deste lector en concreto que aquí escribe, que non sabe aprecialos na súa xusta medida. E poden crerme que o tentei cun par deles. E, para ser xusto, direilles que Territorio Comanche si que me gustou. Pero iso ten pouco de ficción. É máis un libro de crónica que outra cousa.

Que case que nunca aturo as opinións que verque nos seus artigos, tamén é cousa sabida. A pesar de que é, sen dúbida, un grandísimo articulista (unha cousa non quita a outra, pero domina o xénero como poucos), o certo é que polo xeral emite unha ideoloxía, para min, discutible, por rancia, castiza de máis e, o peor do peor nunha persoa que me parece intelixente, un desprezo supino polas nosas problemáticas, digamos, periféricas (lingüísticas en especial).

Sen embargo, que carafio, teño que recoñecer que estou profundamente de acordo co último artigo que lle lin. No seu día escribín isto. Así que este artigo tiña, á forza, que gustarme.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar