menu Menu
POLÍTICOS RACISTAS E XENÓFOBOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 19, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Na mañá dos teus beizos' Anterior Eu, pirata Seguinte

Remata a campaña electoral e eu só podo dicir que este non é un sitio normal ou, se queren, que este é un sitio moi raro.

Porque raro é un estado de cousas nos que un partido solta unha bomba racista e non pasa nada. Concretamente, refírome aos responsables do PP catalán que, o pasado venres, largaron nun discurso que “varios informes detectan que en Barcelona se dan enfermidades erradicadas, traídas polos inmigrantes”. Ou o que é o mesmo: fomento da xenofobia, do racismo, da discrinación pero, sobre todo, fomento da idiocia, da parvura e da memez. E todo, ademais, dende unha profunda actitude de convencemento de que o electorado e parvo do cu, con perdón.

Se este fose un lugar normal, o líder dese partido sairía correndo a pedir desculpas, e a tirarlle das orellas a quen así falou. Se este fose un lugar normal, non se utilizaría o odio ao diferente, ao pobre, ao marxinado, como nasa de votos nunhas eleccións. O medo mobiliza. E o ser humano é susceptible ao medo, sobre todo se quen o propaga goza dunha certa autoritas. E os políticos e as políticas gozan, como outra tanta xente, desa autoridade que debería facerlles consciente que non poden botar pola boca a primeira trapallada que se lles ocorra.

Para min, isto foi o peor,con diferencia, da campaña electoral


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar