menu Menu
POR ENRIBA DA ESCURIDADE, O AMOR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 9, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
NON, CLARO QUE NON LEN Anterior SI QUE TEMOS A CULPA Seguinte


Estou estes días mergullado ( en fin, isto é simplista: estou a ler ao mesmo tempo tres novelas, sen contar as lecturas do traballo e outras
encomendas ) na lectura da novela de Amos Oz, que aproveito para recomendarvos, Versos de vida y muerte.
Quizais por iso me chamou tanto a nova, coñecida hoxe nos xornais, de que grazas ao apoio da familia dun mozo árabe-israelí que foi tiroteado
por un palestino que o confundiu cun xudeu, en Xerusalén, por esas cousas absurdas das guerras, e as relixións e as fronteiras, que puxeron os
cartos, a novela de Amos Oz, Unha historia de amor e escuridade, sairá en árabe.
Ou o que é o mesmo: as guerras pasarán, as
soberbias pasarán, Bush e os heroes das Azores pasarán, e os Putin e todos eses monicreques pasarán, pero as historias de amor, ben
contadas, quedarán.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar