menu Menu
Por que aínda non se derogou a Lei Mordaza se hai maioría parlamentaria?
Quizais porque, no fondo, o PSOE sabe que lle convén que sega o medo
Por Francisco Castro Publicado en Uncategorized @gl en Setembro 6, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
Un amor xuvenil trazado á marxe das barreiras Anterior ESES QUE DÁN LECCIÓNS Seguinte

 

Durante o debate da Moción de Censura contra Mariano Rajoy que convertiu a Pedro Sánchez en presidente de España, prometeuse derogar “canto antes” a Lei Mordaza, unha das medidas máis controvertidas e vergoñentas de todas as aprobadas (e foron unha chea delas) polo anterior goberno do PP. Pasados os 100 días de cortesía que sempre se lle dán a todos os gobernos, preguntámonos a que se debe que esa lei, que mete nos tribunais a rapeiros, titiriteiros, actores (mira Willy Toledo) e opinadores en xeral, aínda non foi derogada. Insisto, maioría parlamentaria teñen. Por que non o fan é algo incomprensible.

A única explicación que se me ocorre é que ao PSOE (aínda que nunca o confesarían) como a tantas estruturas de poder lle convén a existencia desa lei “por se acaso”. Eles son agora os detentadores do poder e, como tales, saben que a crítica libre exercida sen medos nin presión (como se presupón nunha democracia onde hai Liberdade de Expresión) sempre é corrosiva para os gobernos. Sábeno. Saben que iso é así, hoxe moi especialmente que as redes sociais espallan á velocidade da luz mensaxes, proclamas, viñetas, reflexións, músicas. En definitiva: crítica e alternativas.

O certo é que a día de  hoxe, coa esquerda no poder (é un falar), ti, eu, calquera, pode ir a prisión por dicir segundo que cousas.  Hoxe mesmo, por exemplo, soubemos que a Fundación Francisco Franco presentou denuncia contra El Gran Wyoming por parodiar a exhumación de Franco.

Verás como acaban a lexislatura sen a derogar.

Por se acaso.

lei mordaza psoe


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar