menu Menú
AS LINGUAS NON SE MOLESTAN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 12, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
E LEONARD COHEN PASOU POR VIGO Anterior MAÑÁ 'LA CANCIÓN DEL NÁUFRAGO' VAI ANTES Siguiente

galdrumada

Hoxe, a miña pequecha de ano e medio deu toda unha lección de sociolingüística no bar ao que a súa nai e irmán e eu acudimos con moita frecuencia.

Unha muller, engaiolante e amabilísima, que tamén vemos decote no mesmo bar, achegouse a facerlle un par de aloumiños á cativa. Verbas amables nun castelán caribeño delicioso. Que guapa ereh mi hijah; pero que ojasos má lindo que tieneh. Unha dozura. Mais de súpeto, parou para facer unha pregunta clave:

Me entiende?

Diante da cara de estrañeza que puxemos os outros tres, a muller, dende a máis profunda e sincera  inocencia aclarou:

– E que como ustede ziempre le hablah en gallego, pueh no ze zi entiende.

Cando xa ía responder, aínda que sen saber moi ben que lle dicir, a muller sacou unha galdrumada do seu bolso.

– ¿Quieres un caramelo?

Reparade en que non foi necesario dicir Queres unha galdrumada? ou Vaiche un doce? ou algo similar.

A pequecha estendeu a man e colleu a galdrumada.

A pequeña viña de demostrar os beneficios do bilingüísmo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar