menu Menú
POR QUE LEMOS, POR QUE TEMOS BLOGS 1
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 14, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
POR QUE LEMOS, POR QUE TEMOS BLOGS 2 Anterior MELLOR ASTÉRIX QUE PLATÓN Siguiente


Con isto dos blogs levamos anos. Os suficientes como para que nos deteñamos a pensar sobre eles, en especial desde que, innegablemente, forman parte da nosa identidade.
Eu son Francisco Castro. Eu son, tamén, o Náufrago.
E cada noite ( non todas, as que podo ) teño que pasar por aquí. E escribir estas letras, con vocación de soliloquio compartido.
A pregunta é por que temos un blog e por que lemos os blogs dos demais. A pregunta é por que os bloggers nos parecen máis interesantes que a meirande parte da prensa escrita tradicional. A pregunta é ( e espero que me lean isto – que inxenuo – moitos responsables de xornais ) por que a mocidade non merca case xornais. Hai uns anos podías ver a xente moza co xornal pola rúa. Hoxe é dificilísimo por non dicir estrañísimo. Sen embargo, van aos blogs a informarse, ao facebook. Onde sexa. Pero non aos xornais.
Irei dicindo, non sei se cada día, o que penso sobre todo isto. Que ninguén se asuste. Tres ou catro comentarios. Para poñer orde na miña cabeza.
E comezo: temos un blog, lemos blogs, porque nos inspiran unha confianza que deriva do feito de sabermos que non teñen un dono que sexa unha empresa, que non dependen de escuros intereses ( escuros por disimulados ) económicos. Porque son só da persoa que, co seu nome ou sen el, asina os post. E se che presta, les. E se non che presta, pois non les.
En resumo: lemos blogs ( é obvio que me refiro a unha clase moi concreta deles ) porque nos transmiten sensación de liberdade na transmisión de información.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar