menu Menu
¿POR QUE LLE TEÑEN MEDO Á NACIÓN?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 24, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
OLÉ SI. AILALELO, NON Anterior XA SEI O QUE QUERO PARA O NADAL Seguinte

nacion

O outro día falamos durante dous días en Oleiros, entre outras cousas, do peso da nación á hora de escribir. Pesar pesa, pero queremos escribir sen tela sempre enriba. Escritoras e escritores galegos sen máis. Facendo literatura.

Sen embargo, hai outros aos que si que lles pesa moito a nación. Calquera nación que non sexa a española, por suposto.

Porque ao día seguinte dese encontro, os xornais cuspían que o Tribunal Constitucional cargábase do Estatuto catalán o termo nación. E a maioría conservadora dese tribunal aproveitou para manifestar a súa oposición aos símbolos nacionais.

Ese mesmo día, UPyD reuníase para celebrar o seu primeiro congreso e, entre as cousas aprobar unha proposta para non se fale en ningún texto oficial de nacionalidades, senón de comunidades, a secas.

Daquela, os nacionalistas españois, que curiosa paradoxa, téñenlle un medo atroz ao concepto de nación.

Que difícil que o temos, por favor.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar