menu Menú
¿POR QUE RECIBEN SUBVENCIÓNS OS XORNAIS GALEGOS?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 21, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
CIDADE DA CULTURA MANUEL FRAGA IRIBARNE Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 8 Siguiente

cartos

Magnífico artigo o de hoxe no Xornal de Galicia de Antón Reixa. Nel, formula, entre outras moitas cousas, a vergonzante situación que supón que tantísimos medios de comunicación galegos, que viven de costas á lingua, reciban, sen embargo, millóns e millóns de euros en concepto de subvencións da entidade (a Xunta) encargada da promoción dese idioma.

Non vou engadir nada sobre isto porque comparto ao cento por cento os seus argumentos.

Pero si quixera dicir algo que, de tan obvio, hai que repetir continuamente porque se esquece: se os medios de comunicación reciben cartos do estado, daquela, a suposta función de control do poder político pérdese por completo. É dicir, se unha das fontes máis altas de ingresos dun xornal ou dunha televisión é un determinado goberno, ¿como vai atreverse a criticalo?

O asunto pode parecer menor.

Pero non o é.

Entre outras cousas porque, sen medios de comunicación libres desas ataduras, a propia democracia queda en nada. En maquillaxe. En decorado.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar