menu Menú
POR UNHA BIG BAND DA LITERATURA GALEGA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 31, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
NON SEI QUE FACER Anterior TRAGAR SEN DISCRIMINAR Siguiente


Leo que o supervendas Ken Follet actuou estes días na Feira do Libro de Madrid. Seica ten unha banda de rock que se chama Damn Right I Got The Blues, e apostara cos responsables da feira madrileña que se vendía millón e medio de exemplares do seu último libro en castelán, tocaría alí.
Coido que esta é unha idea fantástica para animar as nosas feiras patrias. Non é cuestión de apostarmos que iremos tocar se vendemos esa cantidade, que intúo que non, pero si que é certo que a literatura galega está cheíña de autoras e autores que nalgún instante temos recoñecido en público que somos músicos frustrados e, xa que logo, tocamos na intimidade das nosas casas, soñando, eternamente, que nos escoitan multitudes entolecidas que nos aclaman.
Daquela, habería que promover unha Big Band da literatura galega.
Vender libros habiamos vender igual de poucos. Pero aínda podiamos rir, e podiamos divertir, un cacho.
Se Ken Follet pode, nós tamén.
( Todo o anterior, por suposto, é unha chiscadela. Que ninguén o tome en serio. Deume moito o sol na cabeciña hoxe, primeiro día de praia )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar