menu Menu
Por unha reivindicación da asignatura de Música
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 9, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
E OS EMPRESARIOS, REALMENTE CONTENTOS Anterior LER E RELER OS CLÁSICOS Seguinte

Leo sobre un estudo no que unha psicóloga preguntou a máis de 3000 persoas sobre os recordos que tiñan asociados á música dos Beatles. Mágoa non me preguntara a min, porque había darlle unha conferencia completa.

O estudo amosa con claridade algo que xa sabiamos: que existe unha especie de memoria musical, que fai que asociemos determinados sons e tonadas a momentos especiais da nosa vida. E, sobre todo, que a música que escoitamos na adolescencia vai marcarnos indubidablemente. Isto é así e demóstrase de cada vez con máis forza. Os enfermos de Alzhéimer, por exemplo, retardan a evolución da enfermidade se traballamos con música con eles, se os poñemos a cantar…

De sempre defendín que, se eu fose ministro de educación, a única asignatura que mantería como obrigatoria durante toda a ESO, sería, precisamente, a de música. De feito, hai países que obteñen moi bos resultados nas enquisas sobre rendemento educativo onde o ensino musical ten importancia central.

Así que, quedades informados: se algunha vez me cae ese ministerio, poreivos a todos a cantar.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar