menu Menú
PORQUE QUERO GALEGO, ESCRIBÍN ESTE POEMA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 17, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
QUEREMOS GALEGO. UNHA POSIBLE CRÓNICA (A forza do noso amor non pode ser inútil) Anterior A nena entende español? Siguiente

GALEGO

A Plataforma Queremos Galego pediume que lera o pasado mércores en Vigo.

Porque quero galego, escribín, en Arantzazu (Euscadi), este poema pensando en mañá.

Esta lingua non quere vivir na favela

porque é lingua lume, lanterna e faro

que nos mantén vivos no ceo, dende o tempo dos avós.

Esta lingua non quere ser suburbio

porque ten unha historia inmensa de séculos luminosos

na parte de atrás

incluso

no sotaque inevitable dos corazóns resentidos que odian á nosa tribo.

Esta lingua non quere habitar nunha cidade estraña

porque está feita a man cos alicerces mansos da xente boa

na que aniñou humilde cando era o tempo dos lobos

as mesmas feras que agora volven

famentas de vinganza

dende o máis escuro das súas escuras covas.

Esta lingua quere ser música

acubillo, calma mol, circunstancia feliz.

Poderedes metela na favela

condeala ao suburbio

obrigala a residir nunha cidade estraña.

Tanto ten.

Ela foi.

Ela é.

Ela será.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar