menu Menu
PRECISAMOS POETAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 13, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
O DEMOCRÁTICO É RESPECTAR Á MINORÍA Anterior ANTONIO VEGA E A POESÍA Seguinte

Hoxe, como cada xoves chegou á miña caixa de correo A Nosa Terra. A portada non podía ser mellor: foto de Uxío Novoneyra e unha frase que é un universo, saíndo da súa boca, Agora tamén necesitamos poetas.

Si, agora necesitamos poetas. Sempre os necesitamos. Antes a súa voz era esencial nos intres máis poderosos dende o punto de vista social e político. Non se pode entender nada da resistencia antifranquista sen o que se cantaba naqueles recitais nos que a palabra de Manuel María, de Celso Emilio Ferreiro e de tantos e de tantas, era tomada como himno colectivo e, sobre todo, como claridade de horizonte.

Si, agora necesitamos poetas. Sempre os necesitamos. Uxío Novoneyra diríao. Dicímolo nós, tamén.

Convencidos de que, o 17, en Compostela, vaise escoitar a voz do poeta (e, por certo, que ninguén dubide que, de vivir Uxío, no día da súa homenaxe, estaría con nós, coa pancarta, loitando polo obvio)


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar