menu Menú
PREDICAR CO EXEMPLO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 2, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
¿PERO QUE TERÁ QUE VER? UNHA CHEA DE PREXUÍZOS Anterior APOIOS POLÍTICOS Siguiente


Todos os días sen excepción recorto algo dun xornal ou dalgunha revista. En ocasións, o que meto na miña gaveta de palabras interesantes durme alí durante meses, ata que moito tempo despois, fedellando entre eles, reaparecen.
Por exemplo, este artigo de Gustavo Martín Garzo, do día de Noiteboa pasado, e titulado El secreto de los cuentos.
Engaioloume cando o lin.
E del, rescato estas frases, que deixan ben claro o que, tamén eu, levo séculos predicando: que para fomentar a lectura non hai nada como que os nosos fillos e fillas nos vexan gozando dela, que temos os ollos no libro e que non os sacamos de aí, que de verdade que o que estamos a facer, ler en silenzo, ler concentrados, está a facernos un chisco máis felices.
Velaquí o fragmento, hoxe reaparecido, desde o tempo recortado e case que esquecido, sobre como facer para que eles e elas, tamén, lean:
lo mejor para lograrlo es predicar con el ejemplo. Es decir, hacer que la lectura y los libros pasen a ser algo tan natural y gozoso para ellos como ver a su madre haciendo un bizcocho. Creo que no hay escena más maravillosa, más misteriosa, para un niño, pues inevitablemente cuando ve a esa persona querida ensimismada en las páginas de un libro no puede dejar de preguntarse qué es lo que hace en realidad y en qué ocupa sus pensamientos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar