menu Menu
PREGUNTAS QUE NON SON HABITUAIS AQUÍ
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
MITOMANÍA Anterior NOVAS QUE NUNCA DARÁ O TELEXORNAL Seguinte


A compañía onde teño asegurado o coche envíame cada certo tempo unha revista, en teoría, de asuntos de interese xeral pero, en realidade, cheíña de reportaxes sobre a vellez en plan irme convencendo de que mellor que subscriba xa un plan de xubilación con eles, non vaia ser.
Non lles fago nin caso, por suposto. Sen embargo, debo recoñecer que leo todo o demais. Este mes dedicaban o número completo ao cine, poñendo a esa estupenda señora que está aí en portada.
As distintas reportaxes da publicación falaban de obras literarias adaptadas ao cine, das diferenzas entre a linguaxe cinematográfica e a literaria… en verdade interesante.
Ata que cheguei a este párrafo que copio literal e que me fixo ver que, no sistema literario galego, aínda temos moito camiño que andar:
“No hay autor de éxito al que dejen de hacerle la misma pregunta cuando hablan de su última novela. ¿Ya ha vendido la adaptación al cine? ¿Cuándo la veremos en la gran pantalla? Opciones halagadoras y, al mismo tiempo, bastante rentables, a las que pocos autores se resiten”.
O máis tenro – ou o máis desesperante da pregunta – é a normalidade coa que se fai, que é certa e é así.
Aquí, de momento, non.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar