menu Menú
PREMIO FREI MARTÍN SARMIENTO PARA OS MEUS AFOGADOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 30, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿E SE FEIJOO FALARA EN HÚNGARO? Anterior O MEU NOVO LIBRO Siguiente


Esta mañá, a miña novela O ceo dos afogados recibiu o Premio Frei Martín Sarmiento ao ser escollido polos escolares galegos entre 6º de primaria e 2º da ESO como o mellor do pasado curso.
Este é un deses galardóns que sempre gusta recibir, porque un non se presenta, senón que o escollen, e porque son centos de rapazas e rapaces os que participan durante un ano de lecturas para finalmente decidir cal lles gustou máis.
Eu xa o gañara hai un par de anos por Un bosque cheo de faias, mais, desta vez, fíxome se cadra aínda máis ilusión.
Grazas aos cativos e cativas que me deron hoxe tan fermoso agasallo. Escribino para eles, pensando neles. O verdadeiro premio é que a historia lles chegase e que a fixesen súa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar