menu Menú
PREMIO PARA CORREDORES DE SOMBRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 6, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LUCES EN PAPEL Anterior HAI UN MAR Siguiente

A obra Corredores de Sombra, de Agustín Fernández Paz, vén de recibir o Premio Frei Martín Sarmiento como mellor libro do ano pasado na categoría de 3º da ESO a 1º de Bacharelato.
Este premio é moi interesante porque o xurado son milleiros de rapazas e rapaces galegos que, durante o curso, van lendo, e despois emiten o seu veredicto.
Eu recibino o ano pasado por Un Bosque Cheo de Faias e, desde logo, non tiña dúbidas de que o libro de Agustín tería que ser o galardoado deste ano.
Cando saiu, escribín, no meu anterior blog, unha crítica entusiasta sobre o seu libro. Pasado un ano, reafírmome en todo o escrito alí. Textos coma este son un luxo para o noso sistema literario. A demostración do alto que pode voar a nosa literatura. Un deses textos que nos fan ter fe na literatura e en todo o que a literatura pode, ademais, darnos: unha comprensión das cousas, uns personaxes vivos, coma nós… Porque o que fai Agustín Fernández Paz é sentar a escribir e ofrecernos un exercicio de bo facer literario onde nada, absolutamente nada está de máis.
Escribe, desde a ambición e centrado en ofrecer non só un libro, senón Un Libro.
Non sei se me explico.
Se aínda non o lestes, non sei a que esperades.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar