menu Menu
PRESENTACIÓN DE 'IN VINO VERITAS' EN VIGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xuño 28, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
VAN ODIARME POR ESCRIBIR ISTO Anterior ARDE GALICIA CON LUME FORESTAL Seguinte

O vindeiro martes presentarei a miña nova novela, para adultos/as, In Vino Veritas e que publica Galaxia. Será ás 20.30, na Feira do Libro de Vigo e estades todos e todas convidados. Terei a sorte de ser acompañado polo director xeral da editorial, o escritor Víctor F. Freixanes, e por un dos músicos que máis admiro do mundo, Anxo Pintos.

Como é moi difícil falar da propia obra (aínda que terei que facelo o martes, e máis adiante en Santiago e A Coruña), limitareime, agora, a reproducir o texto que vai na contracapa. É unha boa declaración de intencións.

Segundo o seu autor, Francisco Castro (Vigo, 1966), In vino veritas é unha novela furiosa.
Xulio Míguez, detective sen vocación, recibe a encomenda de atopar un famoso adegueiro desaparecido e relacionado co ambiente do sadomasoquismo máis tétrico. Parodia de novela policial, a historia deita unha ollada crítica sobre os medios de comunicación e a parvura colectiva que o telelixo está a provocar nunha cidadanía durmida.
Un texto acedo no que o autor de Spam, co seu estilo característico, reflexiona sobre a realidade e as súas miserias.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar