menu Menú
PRESENTACIÓN DE 'O SEGREDO DE MARCO POLO' NA CORUÑA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 27, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
ESCRIBIR PARA NON TOLEAR Anterior MAÑÁ AO FESTIGAL Siguiente

Será a terceira e, polo de agora, derradeira presentación de ‘O segredo de Marco Polo’. En setembro volverei por Compostela a falar do libro nun acto fermoso do que xa vos avisarei.

De momento, tócame anunciarvos o pracer enorme que é para min ir o vindeiro luns, ás 20 horas, á Feira da Coruña para presentar esta novela na compaña de Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e de Dores Tembrás, unha das poetas galegas que máis admiro. O seu O pouso do fume é un dos mellores libros de poemas dos que teño lido nos últimos anos. Lédeo. Non vos arrepentiredes.

Espero vervos a todos e a todas alí.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar