Esta semana vai ser especialmente intensa para min a nivel literario.
Mañá, ás 18 horas andarei polo Centro Ágora, da Coruña, para presentar, dentro do ciclo de actividades organizado polas bibliotecas municipais da Coruña para conmemorar o 2012 Ano Galego do Alzhéimer, o meu Chamádeme Simbad. Estarei acompañado por Eva Vieites, bibliotecaria, e a directora da Biblioteca Ágora, Cristina Ameijeiras.
Logo, o xoves, ás 20 horas, verémonos, con Fina Casalderrey, na Galería Sargadelos, presentando o noso O neno can. Vainos acompañar o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes.
Estades convidados aos dous actos.
Coma sempre, será un pracer.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.