menu Menu
¿QUE DIN AS ALTAS COPAS DE ESCURO ARUME ARPADO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 4, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
DOUS DÍAS DE POESÍA Anterior DE QUE LIBRO APRENDICHES ALGO E QUE Seguinte

pino

A pregunta fixoa Pondal hai unha morea de anos.

E cantámola no noso himno.

Eu sei a resposta.

O que os pinos galegos, no seu monótono fugar, teñen que lle dicir aos fillos de Breogán é:

Non tendes amaño mentres non vos amedes, con todo o que sodes, tal e como sodes, tal e como falades, tal e como sentides.

Non tendes amaño mentres teñades os inimigos dentro.

Non tendes amaño mentres non digades con rexa voz: sinto orgullo de ser deste país.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar