menu Menu
¿QUE É SER GALEGO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 5, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
O MEDO Á DISCREPANCIA NO PP Anterior INJLIS PITINJLIS NA TVG Seguinte

en_galego

O presidente francés largou unha pregunta tan curiosa como estúpida a todo o país para facer un estudo e non sei que. A cuestión en cuestión vén sendo: ¿que é ser francés?

Sei da iniciativa pola tele, e un reporteiro sae á rúa preguntarlle á xente que é ser francés (antes dixen que era unha pregunta estúpida porque este tipo de preguntas adoitan servir para excluír a quen non entra na “definición”) e, entre as respostas que dá a cidadanía espontánea, un señor di: “ser francés é falar francés”.

Inmediatamente -rariño que son- extrapolo e digo: carafio, daquela, é galego quen fala galego. E continúo: carafio, non é galego quen non fala galego.

Vaia por diante que o que dixen antes é absurdo, como xa se deduciría do ton empregado por quen isto escribe.

Mais o que me importa sinalar aquí é que ninguén aceptaría que se considerase francés a quen despreza e mantén que ten dereito a non ter contacto coa lingua francesa ou esixe que os seus fillos, en Francia, non estuden francés. Sen embargo, en Galicia, consideramos galegos de pleno dereito incluso aos que non falan a lingua do país, aos que a desprezan con xenreira e, tamén, aos que esixen non ten contacto ningún con ela.

¿Que é ser galego?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar