menu Menu
¿QUE LIBROS GALEGOS HAI QUE LER ANTES DE MORRER?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 2, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA Anterior O XOVES PRESENTACIÓN DE SPAM EN CANGAS Seguinte

Veño de rematar a lectura de 1001 libros que hay que leer antes de morir. Interesante volume de consulta que nos ofrece, segundo o criterio dunha cantidade enorme de críticos de moitos países, reseñas de 1001 libros que eles coidan imprescindibles para que calquera que se chame lector poida presumir do título ( eu léovos moito, e desa lista fáltanme case que todos ).
Algún que outro libro galego aparece. Pero pretenden compendiar toda a literatura mundial e, xa que logo, é lóxico que non aparezan moitas obras de Nós.
Daquela, desde este blog imos subsanar esa eiva.
Durante os vindeiros días, podedes dar unha lista de non máis de 11 libros ( non imos poñer 1001, que non creo que nos dea a biblioteca da casa para tanto ) que, segundo o voso criterio hai que ler antes de morrer. Non teñen que ser once, senón un máximo de once por internauta.
A fin de mes ou primeiros de marzo, publicaremos os resultados.
Falamos de literatura en galego, tanto narrativa coma poesía. Pero non ensaio.
Facede un esforzo e enviade as vosas propostas.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar