menu Menú
QUE LLE DEAN O NOBEL A JUAN MANUEL DE PRADA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 16, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿A QUEN SE PARECE PAPÁ? (NA VÉSPERA DO DÍA DO PAI) Anterior FACER POLÍTICA EN BÓLAS (UN POST SERIO E POSTMODERNO) Siguiente

Hoxe, mentres viaxaba pola AP-9, onde practicamente vivo nos últimos tempos, parei na COPE porque estaban a falar de Miguel Delibes, autor que sempre me interesou e do que dixen, preguntado polo Faro de Vigo o día seguinte ao seu pasamento, que merecía máis o Nobel que Cela.

Do  mesmo falaban na COPE. Así que parei alí.

E Juan Manuel de Prada, un dos máis casposos opinadores desa emisora, vai e solta unha das súas frases lapidarias, unha desasque soltan as persoas moi seguras de si mesmas e, sobre todo, do efecto que teñen determinadas poses:

-El premio Nobel es una bazofia. Solo se lo dan a los malos escritores. Todos los que ganaron el Premio Nobel son escritores pésimos.

A frase, por totalitaria, é terrorífica. Saramago é mal escritor. Doris Leesing é mala escritora. Neruda é mal escritor. Camus é  mal escritor. O propio Cela é mal escritor.

Mais vou aceptar a frase: o premio Nobel só llo dan aos malos escritores.

Daquela, tendo en conta que os artigos de De Prada non hai quen os ature (ideoloxía opusdei por un tubo), que os libros de De Prada  non hai quen os ature (linlle hai anos o Premio Planeta, “La Tempestad” e non hai por onde collela), e incluso tendo en conta que as opinións de De Prada sobre literatura non hai quen as ature, e dado que o Premio Nobel, di el, só se lle dá aos malos escritores propoño que llo dean, pero xa, a Juan Manuel de Prada.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar