Todos os escritores soñamos con construir, algunha vez, un personaxe inmorrente, un tipo de persoa que, posta no papel, traspase a fronteira desexada e pase ao territorio do mítico, un personaxe que sexa tan de verdade ( aínda que falso, porque é literatura ) que chegue a prender tanto nos lectores que non sexan quen de esquecelo xamais.
Algo así como o que debeu de sentir Charles Dickens mentres ía publicando, nos xornais, a súa obra A tenda de antigüidades ao ver que os periódicos se enchían de cartas do público que, desesperado, suplicáballe que, por favor, non deixase morrer á pequena Nell.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.