menu Menú
QUE O GOBERNO NOS SALVE!
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 9, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
ENTREI NO CUARTO DAQUELA MULLER DESCOÑECIDA... Anterior MARCO POLO O FASCINADOR Siguiente

Xa o escoitei en varios sitios: seica Tele 5, como non, está a preparar un programa de televisión que vai ter como argumento central (sei que é difícil de crer, mais é así) contactos postmortem con famosos xa, obviamente, mortos, a través dunha medium. É dicir, en plan entrevistar ao Paquirri para que conte que pensa das habilidades mentais dos seus fillos, ou a Lola Flores e que aclare dunha vez se o seu fillo está con el ou non.

Non vou gastar tempo en demostrar a parvada que é, senón en me referir a outra cousa, para lle pedir por unha vez, e sen que serva de precedente, ao goberno central que prohiba, dun xeito radical, todos estes decs e norias e corazóns e merdas catódicas varias. Alguén podería dicir: mira neno, se non che gusta, non mires. E eu podería dicir: pois si, pero mira, neno, o que lle hai que pedir aos gobernos é unha certa coherencia.

E se os gobernos invisten millóns de euros ao ano para que comamos dun xeito saudable (larpeiradas varias fóra da escola) porque é bo, e gastan millóns de euros en publicidade para que fagamos exercicio, porque é bo, e obrigan á industria da moda a que as modelos teñan unha certa talla, porque é bo, e prohiben fumar en espazos públicos, porque é bo (podería seguir un cacho máis, pero xa non son horas), daquela, non se entende por que non dán comprendido que habería que concienciar á cidadanía de que non deben ver este tipo de programas, porque son malos para o cerebro, daninos para as neuronas e insáns para o equilibrio mental. En defintiiva: porque son malos para a saúde. Non creo que haxa ninguén que os considere un beneficio. Máis ben e sempre, todo o contrario.

Unha sobredose de Belén Esteban pode matarte.

Daquela, penso, o goberno debería de vir correndo a nos salvar antes de que espichemos de parvura e terminemos falando, sen querer, no programa ese de ultratomba que os de Tele 5 van montar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar