menu Menu
¿QUE SENTIMOS POLOS LIBROS?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 14, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
REGRESA LEO CALDAS Anterior ¿PARA CANDO PHILIP ROTH EN GALEGO? Seguinte

Onte trouxéronnos a casa, por fin, un novo moble para os libros. A situación era desesperante no meu estudio, con libros ciscados por todas partes, en dobres e triples filas por entre as columnas ateigadas, cos exemplares apertados, estreitándose ata o máximo para permitr a entrada de máis. Incluso ringleiras que ían medrando desde o chan, cara o teito, desafiando ao mesmísimo Newton… e perdendo a batalla máis dunha vez.
Todo esta reflexión a conta do novo libro de Alberto Manguel, La Biblioteca de Noche. É doado sentirse identificado con el cando nos fala da paixón que sentimos os que nos gusta coleccionar libros e libros e libros; o pracer inmenso de ter, por fin, tal volume nas mans, tan desexado; a incapacidade para prestalos, por medo a que nunca regresen…
No libro demostra algo que sempre souben: somos a nosa biblioteca, somos o que lemos, a biblioteca de casa é unha radiografía da nosa alma. Incluso, ás veces, unha maneira de saber como eramos e como somos agora. Unha medición do tempo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar