menu Menú
QUEN AVISA...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 6, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
PERO NON PASA NADA Anterior CANDO LEONARD CANTE EN VIGO Siguiente


Do terrible tremor de terra italiano de hoxe podemos tirar unha aprendizaxe válida para nós. Porque o científico que avisou de que algo así de gordo podía pasar foi destituído e sancionado e obrigado a retirar o seu informe da web na que a publicara, «por alarmar innecesariamente á poboación».
Non lle fixeron caso.
Esaxeraba.
Tomárono por tolo.
Sancionárono.
Agora botan as mans á cabeza e din, por que non lle fariamos caso.
Salvando as distancias, semella o mesmo que pode pasar co galego.
Hai unha manda de radicais avisando, dende hai anos, de que a lingua está en perigo.
Non lles fan caso.
Hai unha chea de expertos lingüístas predicindo que, de seguirmos así, a lingua vai cara a extinción.
Tómanos por tolos.
A sanción que toda esta xente sofre é obvia. É máis difícil vivir en galego en Galicia do que é facelo en castelán.
Ao igual que o caso do tremor de terra italiano, quizais cheguemos a un día no que botemos a man a cabeza e nos preguntemos: se avisaron tanto, por que non lles fariamos caso.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar