menu Menú
¿QUEN DIXO QUE ESCRIBIR NON DÁ CARTOS?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 28, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
COMA JOYCE NON, MELLOR COMA PICASSO Anterior VELAQUÍ ESTAMOS Siguiente

Hillary Clinton: escritora e supervendas.
Hillary Clinton vén de publicar as súas memorias.
Hai uns días andaba eu todo cheíño por ter esgotado a primeira edición de Un Bosque Cheo de Faias, e que xa empezasen a tirar a segunda, cando vou e leo que a Hillary vendeu nun só día 200.000 exemplares.
Record de vendas dun libro de non-ficción.
Eu non venderei iso na vida.
Preguntábame: ¿que pode mover a tanta xente a mercar con tal ansiedade un libro?, ¿a súa altura literaria?, ¿os poemas inéditos da autora? Non.
A xente quería saber que tiña que dicir a Clinton sobre Mónica Lewinski.
En calquera caso, non estará sorprendida pola boa acollida.
No seu día, ao seu home, Bill, déronlle de adianto por un libro dez millóns de dólares.
Eu non cobrarei iso na vida.
Igualiño, igualiño, que na literatura galega.
Para que logo digan que non se gañan cartos escribindo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar