menu Menu
¿QUEN ME EXPLICA ISTO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 16, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A CULPA É DO YOUTUBE Anterior SINATURA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO Seguinte

jos_toms

Onte remataron as touradas de Pontevedra. Inseridas dentro das (cito do cartel) “Tradicionales Fiestas de la Peregrina” e patrocinadas polo “Excmo. Ayuntamiento”. O cartel segue con perlas progresistas coma estas: “se celebrará, si el tiempo no lo impide, con permiso de la autoridad y bajo su presidencia” (soa moi democrático); “5 ENORMES festejos taurinos5”; falan dos “diestros” (¿os zurdos non poden dedicarse a isto?), e citan a primeiras figuras da cultura española: José Tomás, Manuel Díaz “El Cordobés”, Franciso Rivera Ordóñez, Espartaco, Enrique Ponce e, por suposto, “El Bombero Torero y sus enanitos rejoneadores”.

O que aquí importa é o de que o Concello de Pontevedra patrocina isto. É dicir, que un goberno progresista, de esquerdas, de indubidable (aínda que xa non sei) filiación ecoloxista, paga, solta cartos, dá pelas, tira do erario público para financiar algo que, estou segurísimo, os seus votantes repudian.

¿Quen me explica isto?, ¿o bombeiro toureiro e os seus ananiños do carallo?


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar