menu Menú
QUERO COMO EN CATALUÑA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 16, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
CDG: MÁIS DRAMÁTICO QUE GALEGO Anterior HIPOCRISÍA DIANTE DO TREMOR EN HAITÍ Siguiente

simpson_cine

Xa falei disto, varias veces. Do efecto positivo que ten a dobraxe en galego sobre a lingua e a súa normalidade.

Mais hoxe volvo, para declarar que quero que aquí se fagan as cousas como en Cataluña, onde o seu parlamento ven de aprobar a Lei do Cinema, que obriga a que todos os DVDs que se distribúan en Cataluña deben ter menús, dobraxe e subtítulos tamén en castelán. É importante o adverbio, para que os pesados de sempre non nos veñan co discurso trapalleiro da imposición.

Non pasaría nada se o parlamento galego aprobase tal lei. Os gastos correrían pola conta das produtoras, que non ían deixar o mercado galego desatendido por iso. A nós non nos custaría un pataco. O galego sairía beneficiado. E aos que quixeran escoitalo en castelán, ou finés, ou inglés, ou en portugués ou en albano-cosovar ou en calquera lingua agás na nosa, con non activar esa opción, pois xa o evitan e non se contaminan.

Daquela, a pregunta obvia: ¿por que non se fai unha lei así, que a ninguén prexudica e a tantos e a tantos niveis beneficia?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar