menu Menú
RAPEANDO NA ESTACIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
RECITAL POÉTICO NA CASA GALEGA DA CULTURA DE VIGO Anterior A LITERATURA DE COMBATE E DE COMER Siguiente


Onte fixen unha cousa bonita, que levo anos facendo, que me divirte e que, espero, tamén divirte aos pequechos.
Fun convidado por Caixanova e Renfe a darlle a saída ao Tren da lingua, unha iniciativa xeitosa que leva aos pequechos e pequechas de Galicia polo país adiante con actividades e animación relacionadas coa nosa fala.
Como levo xa a facer uns tres anos, compuxen un rap. Unha cousa festiva cun ritmo repetitivo para que eles puidesen bater as palmas.
Esa calva gloriosa que está aí, facendo algo parecido a un baile rapeiro son eu. Os alucinados son os pequenos e as pequenas.
Un luxo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar