menu Menu
RAPEANDO NO TREN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 2, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
A GRAN NOVELA DE SPRINGFIELD Anterior ¿E COMO SERÍA A TÚA GORENOVELA? Seguinte

Onte, por segundo ano, tiven a honra de falarlle aos cativos na saída do Tren da Lingua que promoven Caixanova e Renfe e que leva a varios miles de nenos por Galicia adiante con actividades, no tren, arredor da lingua galega.
O ano pasado conteilles. Onte, canteilles.
Déume por aí: preparei un rap sobre o galego, que lles aprendín aos nenos ( que marabilla: 210 cativos de idade media sobre seis anos, cantando alí comigo o retrouso da miña canción: vén comigo, corre vén, que xa vai sáír o tren… léase a ritmo de rap ).
Para moitos foi o seu bautismo de tren. Para min, a miña estrea coma rapeiro.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar