Hoxe, para conmemorar o Día Mundial da Poesía, coordeno na Casa do Libro de Vigo, ás oito do serán, un recital. Seremos case que corenta persoas a recitar, desde autores con obra publicada a xente que simplemente ama á poesía, pasando por pintores, fotógrafos, algún que outro empresario… Plural, coma a mesma poesía.
Pedinlle a todo o mundo que escribise un poema sobre a poesía, ou sobre o feito ler poesía, ou sobre o poema. O resultado, espero, será interesante.
O asunto medrou tanto que un editor chamou para publicar todos eses textos en forma de libro. A idea é que esas palabras perduren e iniciar, dalgunha maneira, unha colección.
Xa vos contarei.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.