Mañá venres, a iso das 19.30 máis ou menos, e dentro dos actos do Día da Muller Traballadora, terei a honra inmensa de participar nun recital poético na compaña de dúas damas altísimas que son dous referentes esenciais na nosa literatura: Luz Pozo Garza e María do Carmo Kruckenberg.
Síntome emocionado e un chisco inquieto, a verdade.
Recitaremos cada un de nós cinco poemas. O acto celebrarase na Casa Galega da Cultura de Vigo.
Eu escribín cinco cancións dedicadas á miña filla. Nena. Muller futura. Esperanza sempre.
Quedades todos convidados.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.