menu Menu
Rexistro de soños 1
13/04/2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 13, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Rexistro de soños 2 Anterior A tortura do silencio Seguinte

Esta noite soñei que era un nadador profesional. Soñei que tiña que participar nunha Olimpiada, pero era xordo e daquela non podía escoitar a bucina que indicaba que comezaba a carreira, así que tiña que saír cando todos os demais saían e, claro, saía máis tarde que os demais. Non sei como pero gañaba a proba. Non o entendo porque me asfixio a metade de piscina. Logo, como medalla, dábanme unha cadea dourada finiña conmo de primeira comuñón e un rei dun país que non identifico, pero debe de ser onde se facía a Olimpiada, pronunciaba un discurso que eu era incapaz de escoitar. Porque estaba xordo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar