menu Menú
RELIXIÓNS. INGLÉS, CIDADANÍA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 29, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CANDO NON SE ATURA A REALIDADE, VIVA A FICCIÓN Anterior O ANIMAL PARVO Siguiente


Onte mostraba aquí o meu desconcerto.
Normal.
Porque non me entra na cabeciña que a día de hoxe un dos grandes problemas da humanidade sega a ser a relixión. Tanto, que entra dentro do posible que calquera fanático, de calquera confesión, che faga voar polos aires en nome da súa verdade importándolle de paso, un pemento de Padrón que ti decidas pensar diferente, que non comungues ou, simplemente, que renuncies á súa versión da bondade.
Non me entra na cabeciña.
Como non me entra que en troques de gobernar a ciencia, e a razón, e o senso común, e a lóxica, e o demostrable, e o comprobable, e o normal, que nuns lugares e noutros, continúen a matarse en nome dun Deus que din verdadeiro.
Para deprimirse.
Pero non desenfoquemos. Porque os fanatismos non están tan lonxe de nós.
Matar a todo deus ( vai con segundas, claro ) para gañar o paradiso non é moi distinto, se a niveis de fanatismo falamos, que obrigar a que a asignatura de Educación para a Cidadanía se dea en inglés.
Por poñer un exemplo.
Lamento que me teñan que aturar esta vaga de decepción co ser humano.
Pero vou sobrado de motivos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar