Gostei moitísimo deste artigo da crítica e escritora Laura Caveiro en A Nosa Terra de hai unha semana, falando con paixón do programa Libro Aberto, da TVG, agora, como xa sabedes, nun horario aínda peor que o que xa tiña.
Eu tamén amo ese programa. Polo que ten de símbolo e porque está ben feito e porque gusto del e porque me consta que todos e cada un e todas e cada unha das persoas que traballan nel se moven, ademais de con profesionalidade, desde o máis profundo agarimo á nosa literatura.
E como Laura Caveiro, penso que resistirá porque xa é máis cá un programa ( os seus excelentes índices de audiencia así o testemuñan ) mais, a pesar diso, e por enésima vez, pídoo aquí ( e desde a máis profunda consciencia de que ninguén vai facerme caso ), un horario digno para este programa de libros nosos.
Por unha mera cuestión de respecto, e de dignidade, debe de ser así.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.