menu Menú
RESPECTO E PROTECCIÓN PARA NÓS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 15, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
20 ANOS FUNDIDOS EN NEGRO Anterior Por unha verdadeira rede humana: pacto de responsabilidade social Siguiente

respecto

Aínda que o que mola é transgredir, ir contra as normas, inventarse outras, etc., témome que, en todo o que se refire á nosa lingua, o que temos que pedir é que se cumpra a lei, que as cousas non muden e que, en definitiva, se fagan as cousas como mandan os códigos.

Hai un tempo lembrei que as Declaracións Universais nos protexen. Hoxe, teño que lembrar a todos os galegos e galegas que queren acabar coa nosa lingua, que soñan cunha Galicia sen galego, que a españolísima constitución, nos seus artigos 3.2 e 3.3 din o seguinte no epígrafe titulado O castelán e as demais linguas españolas:

2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas
comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos.
3. A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de España é
un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.

Daquela, e a pesar de que soe alucinante, debo pedir que nos mostremos conservadores do que xa hai. E a eses, que tanto lles gusta falar de imposicións e non sei que máis paranoias esquizoides, lembrarlles que hai unha lei que nos respecta e nos protexe e que está, e debe de seguir estando, por enriba dos seus odios irracionais.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar