Decididamente, os que me seguides xa teredes claro que a música forma parte crucial da miña vida e que nos meus soños está moi presente.
Esta noite, soñei que estaba nun concerto de Carlos Núñez na Praza da Quintana, en Santiago. O público estabamos de pé pero obedientemente organizados en pequenos grupos de tres persoas e sen nos mesturar. Aínda así, era un gran concerto. Nun determinado momento, Carlos chamábame ao escenario para cantar con el a canción que vos deixo aquí. E eu, no escenario, era un Capitán Nemo absolutamente feliz.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.