Cando tiña 20 e poucos gastaba barba de filósofo, lentes redondos de filósofo, actitude grandilocuente de filósofo. E fumaba en pipa. Quería ser un home complexo. Co paso das décadas, fun simplificando todo. Sobre todo a min mesmo. Tentei parecer menos e ser máis.
Esta noite soñei que volvía fumar en pipa. Aquel tabaco curado ao whisky que recendía a gloria (non sei vós pero eu, nos meus soños, tamén sinto con nitidez os olores todos). Volvía a aquela época na que quería, estúpido, ser perfecto, intelectual, sabio… Por sorte, xa non fumo. Tampouco finxo. A pipa tireina hai anos. E agora, simplemente, vivo. Esa é a mellor filosofía.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.