menu Menu
Rexistro de soños 2
14 de abril de 2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 14, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Rexistro de soños 3 Anterior Rexistro de soños 1 Seguinte

Esta noite soñei que estaba de novo en México, pero nese país interior rudo, verdadeiro e de cores ao que devezo volver e ao que volverei en canto se poida.
Era unha festa de madrugada. Lembro alcohol, moito, e mariachis. Bailei agarrado a unha mariachi, toda a noite, cancións amargas de Joaquín Sabina pero en cadencia de trompeta e violíns. Logo, tralo derradeiro trago do mezcal, aparecín nun bar da miña infancia en Teis, en Vigo. Os mariachis, e ela, estaban tamén alí. Había un escenario. Un mariachi bigotudo díxome con cara de moi mala dixestión: hermano, ahorita le toca a usted.
Subín, encendín unha guitarra eléctrica e canteilles a pleno pulmón Please, please me, dos Beatles.
Aplaudiron e pagáronlle tiros ao teito. Aí, feliz, espertei.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar