menu Menu
Rexistro de soños 3
15 de abril de 2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 15, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Rexistro de soños 4 Anterior Rexistro de soños 2 Seguinte

Esta noite soñei que conducía un coche do futuro porque estaba no futuro e todas as edificacións eran do futuro e a xente ía como vestida, eu tamén, con mallas plasticas. Tiña uns lentes cos que vía a estrada coma se fosen cuadrículas, ao Mátrix, e conducía por un longo túnel inacabable de paredes polas que vía o mar e os golfiños e as quenllas. Por suposto, non tocaba o volante. Nun determinando momento, estrañado polo meu propio soño, pedinlle ao coche (tiña claro que podería falar con el) que me dese información sobre Freud. Por se acaso. De seguido, interrompeuse a música que estaba escoitando (non lembro cal) e unha doce voz sintética comezou a falarme da coñecida marca de supermercados… Aí, atónito, espertei e lembrei que hoxe, en efecto, teño que facer compra.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar