menu Menu
Rexistro de soños 4
17 de abril de 2020
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 17, 2020 0 Comentarios 1 min lectura
Rexistro de soños 6 Anterior Rexistro de soños 3 Seguinte

Esta noite soñei en branco e negro.
Estaba en Bulgaria e en plena Guerra Fría. Calculo que nos 60 do século pasado.
Eu era un espía naquel país. Teoricamente traballaba como taxista. Pero en realidade, era un espía. Nin idea de para quen traballaba pero paraba o taxi fronte de instalacións militares e facía fotos cunha cámara disimulada na cravata.
Porque usaba cravata e sombreiro.
Ía realmente elegante para ser un taxista na Bulgaria dos anos sesenta.
Nun determinado momento, pasei por unha rúa estreita, co meu taxi, onde tiña orde de recoller unha muller que, en realidade, era unha traficante de obras de arte ao servizo dunha gran potencia estranxeira e a quen eu tiña que levar a unha inauguración oficial de non sei que do goberno.
Entrou.
Fitámonos a traverso do espello retrovisor.
Sorriume.
Sorrinlle.
-Cambiei de idea – dixo- mellor volvernos ao meu hotel.
Todo o demais que sucedeu foi en búlgaro, así que non o podo reproducir aquí.
Ademais, eramos espías. Non debemos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar