Esta foi unha noite movida. Soñei que fuxía, por desenmascarar a súa mafia, duns sicarios madereiros estadounidenses. Metíame entre os troncos dun camión que transportaba madeira por todo o país. Pero non sei como, decatábanse de que estaba alí e disparábanlle ás rodas e o camión volcaba.
Teño o recordo nídio da sensación de estar dando voltas de campá entre as madeiras, que saían en todas as direccións impactando contra outros vehículos.
Logo dunha volta derradeira saín polos aires e batín coa cabeza contra o chan.
O seguinte, e non invento, era que estaba no escenario de Luar e que alguén me puña unha guitarra acústica nas mans.
Non son quen de verlle a conexión ás dúas partes do sono. Pero así foi.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.